A peña barcelonista ferrolá xa ten á venta as participacións da Lotaría de Nadal que se sorteará o próximo día 22 de Nadal en Madrid. Como é habitual nos últimos anos, o número que se xoga é o 60930, as participacións custan 5€ cada unha, xogándose un total de 4,5€ e 0,5€ son o donativo para a peña. O ano pasado a nosa lotaria obtivo un premio polo reintrego, e esperamos que este ano sexa igual ou mellor. A peña pon á venda un total de máis de 18000€ en participacións, o mesmo ca o ano pasado. Pódense mercar no propio local da peña ou en diferentes establecementos repartidos pola comarca de Ferrolterra.

|
Os pasados días 2 e 3 de Xullo, un equipo de fútbol 7 da peña participou no torneo organizado pola peña barcelonista de San Miguel de Reinante. Os partidos xogáronse no campo de fútbol das Valgas. O equipo non poido pasar da primeira ronda, xogando 3 partidos, gañando un e perdendo os outros 2. Os resultados foron:
O equipo da peña estaba composto polos seguintes xogadores: Jose Iñiguez, Manuel Ciru, Alberto Sedes, Bruno, Miguel Barbeito, Alejandro, Enrique e David Rivera, e estivo dirixido na banda polo secretario da peña, Jose Luis Iglesias Freire
A peña anima aos seus socios para acudir á Xuntanza de peñas barcelonistas galegas que se celebrará en Vilalba a próxima fin de semana, e na cal celebraremos por todo o alto os triunfos conseguidos polo equipo de fútbol tras unha brillante tempada, así como tamén todos os triunfos conseguidos polo resto de seccións do F.C.Barcelona. Polo momento son 29 os socios apuntados para o domingo, e 4 apuntados para as actividades do sábado. Temos que ser, por terceiro ano consecutivo, a peña galega que máis xente leve a Xuntanza! Lembradevos que a peña pon un autocar para desplazarse o domingo, que sairá as 10 da mañá, será totalmente gratuito para os socios, e cun custe de 5€ para os non socios. A data límite é o próximo día 8 de Xuño.
Os próximos días 11 e 12 de Xuño a peña barcelonista "A Pravia" de Vilalba organizará a XXI Xuntanza de peñas barcelonistas galegas. Nas últimas edicións, a nosa peña foi a que máis xente levou, e este ano non queremos ser menos, así que vos animamos a participar desta festa do barcelonismo galego. Tedes de prazo ata ó día 8 de Xuño para apuntarse. Como todos os anos, a peña porá un autocar para desplazarse (o domingo día 12), que será totalmente gratuito para os socios e terá un custe de 5€ para os non socios. Toda a información sobre as actividades, prezos, e información turística de interese, a poderedes atopar na seguinte páxina web: http://xuntanzavilalba.jimdo.com/
O pasado Xoves, día 12, celebrouse no local da peña o sorteo para conseguir algunha das entradas para a final da Champions League que se disputará o próximo día 28 de Maio en Wembley. O F.C.Barcelona concedeu 3 entradas á peña, e o reparto das mesmas foi o seguinte: 1 entrada reservada para a xunta directiva e as outras 2 entraron no sorteo. Os agraciados disporán nos próximos días das entradas. Pediuse ao F.C.Barcelona que as entradas concedidas foran as de menor valor (90€), pero a decisión final do custe das mesmas a terá o clube. De todos os xeitos, a peña irá ben representada, xa que tamén o presidente, Agustín Bellón, tocoulle outra entrada, neste caso, no sorteo que fixo o F.C.Barcelona para os socios, co cal o número total de peñistas en Wembley será de 4. Moita sorte para os agraciados, e traede a Champions!! |






