Co gallo do partido de liga que se disputará o fin de semana do 30-31 de Marzo en Vigo entre o R.C.Celta de Vigo e o F.C.Barcelona, a peña organiza un desprazamento para ver o partido.

  • O prezo das entradas é de 80€ (grada Río Alto) - ver imaxe da situación das localidades
  • A viaxe en autocar é gratuita para os socios, e ten un custe de 10€ para os non socios
  • O autocar terá paradas en Catabois e na praza do Inferniño, como é habitual
  • A data límite para apuntarse é o Xoves 7 de Marzo

En canto se saiba o día e o horario do partido será debidamente informado na páxina web da peña.


Tamén informarvos de que o día antes do partido celebraráse o acto inaugural da peña de Cambados, na que están convidados todos os peñistas galegos. Se estás interesado en ir, estes son os datos máis relevantes:

  • A cea será no restaurante Forniños, en Cambados
  • Menú composto de:
    • Langostino Cocido
    • Langostino Á Prancha
    • Centollo da Ría
    • Vieira ao estilo Forniños
    • Rodaballo á prancha
    • Tenreira asada con guarnición
    • Postres Variados
    • Viños albariños D.O. Rías Baixas, Tintos D.O. Rioja Crianza, Café e licores
  • Prezo do menú: 45€ por persoa (nenos 15€)
 

O próximo día 28 de Febreiro, no local da peña (rúa Fontemoura, 63, baixo A), celebraráse a asamblea xeral ordinaria de socios anual, ás 20:00 horas en primeira convocatoria, e ás 20:30 horas en segunda convocatoria, cos seguintes puntos na orde do día:

  1. Lectura do acta anterior.
  2. Aprobación, se procede, do balanzo económico do ano 2012.
  3. Aprobación, se procede, dos presupostos do ano 2013.
  4. Novos Carnets Peñistas tramitados polo F.C Barcelona
  5. Informe do Presidente.
  6. Rogos e preguntas.

Quedan todos os socios convidados a acudir

 

O próximo día 19 de Outubro (día antes da visita do Barça á Coruña), a peña barcelonista de Ares celebra o seu 30 aniversario, cos seguintes actos :

19:00h Recepción das autoridades do F.C. Barcelona, presidentes de peñas e representantes do M.D. por parte do Alcalde de Ares no concello.

20:00h Coloquio no auditorio municipal. Tema a tratar “Tito Vilanova, ¿continuidade ou novo ciclo?”

22:00h Cea-baile de confraternización no Restaurante Lito´s (Hotel Villa de Ares)

Ler máis...

 

O partido entre o Deportivo da Coruña e o F.C.Barcelona disputaráse o próximo 20 de Outubro, ás 22:00 horas. Porén, a peña pon a disposición dos socios e simpatizantes un autocar que sairá o sábado ás 17:00 horas de Catabois (ao lado da cafeteria Daikevel), para a continuación facer parada na parada de buses do Inferniño, e finalmente marchar para a Coruña, onde se estima que chegaremos sobre as 18:00 da tarde. A volta será unha media hora despois do partido (aproximadamente), para evitar o colapso de tráfico que se producirá ao rematar o mesmo.

Lembramos que o autocar é gratuito para os socios da peña, e cun custe de 5€ para os non socios

Tamén está fixado o prezo das entradas: 80€

 

Co gallo do partido Deportivo-Barça, que se disputará o fin de semana do 20 - 21 de Octubre (data e hora concreta ainda por determinar), a Peña Barcelonista Ferrolana organizará unha viaxe para presenciar devandito encontro, fletando un autocar. A saida será dende a Plaza do Inferniño e dende Catabois, dependendo o horario de saida da hora do partido. Como é xa habitual, o desprazamento no autocar da peña é gratuito para os socios, e cun custe de 5€ para os non socios

O prezo das entradas oscilará entre os 70 a 80€ (normalmente as localidades da afición visitante son preferencia superior lateral en Riazor). Xa temos reservadas un cupo de entradas

A data límite para a reserva de entradas é o xoves día 11 de Outubro. No haberá prórroga de ningún tipo, por causa da reserva de entradas.

Calquer novidade que surxa no respectivo á organización da viaxe será anunciada na web da peña.

 
Máis artigos...
Cambiar idioma
Castellano
Usuario
Noticias deportivas