O próximo día 19 de Outubro (día antes da visita do Barça á Coruña), a peña barcelonista de Ares celebra o seu 30 aniversario, cos seguintes actos :
19:00h Recepción das autoridades do F.C. Barcelona, presidentes de peñas e representantes do M.D. por parte do Alcalde de Ares no concello.
20:00h Coloquio no auditorio municipal. Tema a tratar “Tito Vilanova, ¿continuidade ou novo ciclo?”
22:00h Cea-baile de confraternización no Restaurante Lito´s (Hotel Villa de Ares)
O menú da cea-baile será o seguinte:
Entrantes: Xamón Ibérico, Polbo á galega, langostinos á prancha
1º Cocochas de rape en salsa verde
2º Carrilleiras de porco ibérico
Postre, café e chupitos
Viños rioja crianza e albariño, refrescos, cervexas e auga.
Prezo:
40€ persoa para peñistas
50€ persoa para non peñistas
Aqueles interesados en ir a estes eventos, teñen de prazo ata o próximo Xoves, día 11 de Outubro, para apuntarse



