A peña barcelonista ferrolana organiza unha viaxe a Xixón para presenciar no estadio do Molinón o partido entre o Sporting de Xixón e o F.C.Barcelona, que se celebrará o día 12 ou 13 de Febreiro (Data aínda por confirmar)

Ler máis...

 

A peña barcelonista ferrolana convoca a todos os seus socios á asamblea xeral ordinaria que se celebrará no local da peña (Rúa Fontemoura,  61-63, Baixo A), o Xoves 3 de Febreiro de 2011, ás 20 horas en primeira convocatoria, e ás 20:30 horas en segunda convocatoria

A orde do día da asamblea está formado polos seguintes puntos:

  • Lectura e aprobación, si procede, do acta anterior
  • Aprobación, si procede, do balance económico do ano 2010
  • Aprobación, si procede, dos presupostos do ano 2011
  • Aprobación da normativa para o estado de pago dos socios
  • Informe do Presidente
  • Rogos e preguntas
 

O partido entre o R.C.Deportivo e o F.C.Barcelona disputaráse o próximo sábado, día 8 de Xaneiro, ás 22:00 horas. A peña porá un autocar a disposición dos peñistas e siareiros apuntados á viaxe, que terá 2 paradas:

  • En Catabois, a altura do mesón Alberimar
  • Na parada de buses do Inferniño

A saída do autocar será ás 17:45 horas de Catabois, e ás 18:00 do Inferniño

 

Como ben sabedes, este ano, o gordo de Nadal recaeu no número 79250, e esto implica que a loteria da nosa peña ten o reintegro (1 € por euro xogado).

Aqueles que queiran recuperar o xogado (recordade que por cada participación se xogaba 4,50€), teñen as seguintes alternativas:

  1. Ir á sucursal de "La Caixa" situada na estrada de Castela 191 en Ferrol
  2. Ir ao local da peña, que se atopa aberta todos os xoves de 20:00 a 21:00.
  3. Delegar en alguén da peña para cobrar o reintegro

En calqueira das 3 alternativas, é absolutamente imprescindible a entrega das participacións para poder canxear polo valor das mesmas.

Recordade que tendes de prazo ata o próximo 22 de Marzo para poder cobrar o premio (caducidade de 3 meses)

Como información adicional, este ano a peña vendeu un total de 3476 participacións, por un valor total de 17380€. A peña quédase co 10%, un total de 1738€, e a cantidade que se xogou realmente foi 15642€

Para máis información, podedes enviar un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou ben a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , e será respondido na maior brevidade de tempo posible.

 

A peña barcelonista ferrolana organiza unha viaxe para ver o partido R.C.Deportivo-F.C.Barcelona que se disputará o 8 ou 9 de Xaneiro (data ainda por confirmar) no estadio de Riazor, na Coruña

Ler máis...

 
Máis artigos...
Cambiar idioma
Castellano
Usuario
Noticias deportivas