A xunta directiva da peña barcelonista ferrolana decidiu en reunión ordinaria o calendario de actividades da tempada 2013-2014. Algunhas datas poden sufrir modificacións, que serán debidamente informadas. Se hai suficientes inscritos para calquera dos desprazamentos anunciados, alquilaráse un autocar (excepto para o desprazamento para o partido de fútbol de 1ª división e a Xuntanza de peñas galegas, que neses casos sempre haberá autocar dispoñible). Se estades interesados en acudir a algún dos desprazamentos, ou ben obter máis información, podedes enviar un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou ben acudir ao local da peña, aberto os Xoves en horario de 20:00 a 21:00

Ler máis...

 

O pasado sábado celebrouse en Santiago a reunión da federación de peñas barcelonistas galegas, e entre os puntos da orde do día que se trataron, están os seguintes:

  • Informe da Xuntanza de peñas de Ourense
  • Presentación da Xuntanza de peñas Moaña 2014
  • Candidaturas á organizar a Xuntanza 2015
    • Presentouse unha candidata, que foi aceptada por unanimidade: a peña de Burela. Logo no 2015 estaremos en Burela
    • Tamén decidiuse a peña que organizará a Xuntanza de peñas do 2016, a peña do Barbanza. No 2016 iremos a Boiro
  • Informe do último consello consultivo de peñas Barcelonistas e do congreso mundial de peñas de Barcelona
  • A peña de Valga será a representante galega no torneo de futbol infantil que se celebrará en Agosto do 2014 en Barcelona
  • A peña de Sarria presentou un proxecto para organizar un torneo de fútbol 7 ou fútbol sala de peñas barcelonistas galegas
 

Xa está dispoñible á venda a lotaria de nadal do ano 2013. Como é habitual, o número a xogar é o 60930, as participacións son de 5€ cada unha, xogándose 4,5€ e os 0,5€ restantes son donativo para a peña. Podénse mercar no local da peña e en diferentes establecimientos comerciais de Ferrol e a súa comarca.


 

O pasado 23 de Xullo, saiu unha reportaxe das actividades que fixo a peña ao longo da tempada 2012-2013. Velaiqui o devandito artigo


Modificado o (Xoves, 25 Xullo 2013 20:19)

 

A fin de semana do 15 e 16 de Xuño celébrase en Ourense a XXIII Xuntanza de peñas barcelonistas galegas. A peña organiza un desprazamento para acudir aos actos do domingo 16, poñendo un autocar que sairá de Ferrol ás 08:00 da mañá, con 2 paradas:

  • Ás 07:50 da mañá dende Catabois, a altura do bar "Daikevel"
  • Ás 08:00 da mañá dende a parada de buses da praza do Inferniño

Como é habitual, para os socios da peña, o autocar é gratuito, mentres que para os non socios o prezo é de 8 euros.

Aqueles interesados en acudir aos actos do sábado terán que desprazarse polos seus propios medios.

O prazo límite de inscripción é o venres 7 de Xuño.

O programa de actos queda configurado do seguinte xeito:


 
Cambiar idioma
Castellano
Usuario
Noticias deportivas