Co gallo do partido de liga que se disputará o fin de semana do 30-31 de Marzo en Vigo entre o R.C.Celta de Vigo e o F.C.Barcelona, a peña organiza un desprazamento para ver o partido.
- O prezo das entradas é de 80€ (grada Río Alto) - ver imaxe da situación das localidades
- A viaxe en autocar é gratuita para os socios, e ten un custe de 10€ para os non socios
- O autocar terá paradas en Catabois e na praza do Inferniño, como é habitual
- A data límite para apuntarse é o Xoves 7 de Marzo
En canto se saiba o día e o horario do partido será debidamente informado na páxina web da peña.

Tamén informarvos de que o día antes do partido celebraráse o acto inaugural da peña de Cambados, na que están convidados todos os peñistas galegos. Se estás interesado en ir, estes son os datos máis relevantes:
- A cea será no restaurante Forniños, en Cambados
- Menú composto de:
- Langostino Cocido
- Langostino Á Prancha
- Centollo da Ría
- Vieira ao estilo Forniños
- Rodaballo á prancha
- Tenreira asada con guarnición
- Postres Variados
- Viños albariños D.O. Rías Baixas, Tintos D.O. Rioja Crianza, Café e licores
- Prezo do menú: 45€ por persoa (nenos 15€)



