O pasado fin de semana do 8 e 9 de Setembro, unha representación da peña acudiu a Coruña para presenciar a Supercopa de Futbol-Sala. Lamentablemente, o F.C.Barcelona perdeu en semifinais contra El Pozo de Murcia (que a postre sería o gañador do torneo) por un total de 5 a 2.
Antes da celebración do partido, tivemos unha pequena recepción co delegado do equipo do F.C.Barcelona Alusport, o señor Antonio Lozano, que tivo a amabilidade de atendernos. Houbo un intercambio de agasallos e uns minutos de agradable conversa. Na foto aparece parte da delegación da peña co señor Antonio Lozano (xusto no medio)

|
Xa está dispoñible á venda a lotaria de nadal do ano 2012. Como é habitual, o número a xogar é o 60930, as participacións son de 5€ cada unha, xogándose 4,5€ e os 0,5€ restantes son donativo para a peña. Podénse mercar no local da peña e en diferentes establecimientos comerciais de Ferrol e a súa comarca.
O pasado fin de semana, a peña barcelonista ferrolana estivo acompañando aos cativos do Alevín C do F.C.Barcelona que se achegaron a Ferrolterra para participar no torneo de Fútbol 7 organizado polo Narón Balompie, e que se celebrou nos campos da Gándara, en Ferrol. Lamentablemente, o equipo non puido gañar o torneo, xa que quedou eliminado por Sporting de Lisboa nas semifinais, pero acadou a terceira praza gañando ao Sporting de Xixón no partido polo terceiro e cuarto posto. Mencionar que o premio a mellor xogador do torneo o levou Takefusa Kubo, primeiro xogador xaponés en xogar nas ringleiras do F.C.Barcelona Dende a peña queremos agradecer públicamente o trato dispensado polo equipo do F.C.Barcelona (xogadores, equipo técnico e responsable da área social que representou o clube, o señor Miquel Espert). Houbo intercambio de agasallos entre a peña e o equipo o venres nunha pequena recepción celebrada no hotel de concentración, e na xornada matinal do sábado puidemos xuntarnos con eles despois do seu partido para unha breve sesión fotográfica Parece ser que o próximo ano está confirmada a asistencia de novo dos rapaces do F.C.Barcelona para unha nova edición do torneo, e animamos aos siareiros e socios da peña a acudir en masa para presenciar e animar aos rapaces, que serán as futuras estrelas do clube
Os próximos 16 e 17 de Xuño celebraráse a XXII xuntanza de peñas barcelonistas no Grove, e como sempre, a peña barcelonista ferrolana organiza un desprazamento para acudir. A viaxe será para ir aos actos principais do domingo 17, ponse un autocar que sairá ás 8 da mañá da parada de taxis do Inferniño. A viaxe é gratuita para os socios, e de 8€ para os non socios. Aqueles interesados en ir aos actos do 16 de Xuño terán que ir pola súa conta, e para durmir hai un acordo cun hotel no Grove (hotel Villa Juanita - http://www.villajuanita.com-), que para os peñistas que acudan pon prezos populares (25€ habitación dobre, 20€ habitación individual) O prezo para os actos do 16 de Xuño é de 50€, para os actos do 17 de Xuño son 60€ (menú infantil 25€) O prazo para apuntarse rematará o 1 de Xullo, aínda que existirá unha prórroga ata o 9 de Xuño, pero aqueles que o fagan entre o 1 e o 9 terán que pagar 5€ a maiores. A continuación mostramos o plan de actos dos 2 días:
O venres 25 de Maio disputaráse no Vicente Calderón de Madrid a final da copa do Rei entre o F.C.Barcelona e o Athletic de Bilbao, e como sempre nestas ocasións, a peña estará presente. Se estás interesado en ir, o Xoves 3 de Maio, ás 20:30 horas, celebraráse no local da peña o sorteo de entradas para o partido. A peña solicitou ao F.C.Barcelona o máximo de entradas permitidas, 4, pero ainda non temos notificación oficial de cantas nos van a conceder. Como mínimo, unha das entradas estará reservada para a xunta directiva, e o resto serán sorteadas. Lembrade que para participar no sorteo existe unha normativa establecida, que podedes consultar na sección socios
|








