O pasado Xoves 16 de Febreiro celebrouse no local da peña barcelonista ferrolana a asamblea anual ordinaria de socios (ás 20:00 horas en primeira convocatoria, e ás 20:30 horas en segunda), co seguinte resultado:
- Lectura da acta da asamblea 2011
- Balanzo económico 2011: o presidente relatou polo miudo os datos económicos da peña, tanto os ingresos coma os gastos, resultando o balanzo económico do 2011 un completo éxito, obtendo uns beneficios de 4195,68€, co cal a peña, a 31 de decembro tiña na súa conta bancaria un total de 13012,46€. Premendo nesta ligazón poderedes ver os detalles das contas. Este punto foi aprobado por unanimidade
- Orzamentos 2012: o presidente explicou os ingresos e gastos estimados con respecto ao ano 2012, calculando un beneficio 0, cuns ingresos e gastos dun total de 4050€. Os orzamentos 2012 foron aprobados por unanimidade
- Informe do presidente: deuse conta da recente reunión da coordinadora de peñas barcelonistas galegas que se celebrou no Grove, na cal se trataron diversos temas de importancia:
> Xuntanza peñas barcelonistas galegas "O Grove 2012": celebraráse os días 16 e 17 de Xuño (sábado e domingo). O sábado haberá unha charla-coloquio, a continuación unha cea-baile (prezo 45€), e hai hotel concertado cun prezo por habitación dobre de 25€. O domingo haberá recepción no concello, desfile de peñas, paseo en barco pola ría con degustación aperitivos e comida no hotel "Louxo" da Toxa, todo por un prezo de 60€ (30€ menú infantil). Estes actos ainda son provisionais e poden verse afectados por cambios. Na próxima reunión da coordinadora xa se informará definitivamente da axenda de actos
> Nova normativa das peñas barcelonistas: o F.C.Barcelona aprobou de xeito definitivo a nova normativa que se estima se implantará ao longo deste ano. Un dos puntos máis destacados desta nova normativa é que o F.C.Barcelona creará o carnet do peñista. Todas as peñas estarán obrigadas unha vez ao ano a entregarlle ao F.C.Barcelona o listado de peñistas para que a cada un se lles conceda devandito carnet, que os identificará como peñistas. O carnet terá un custo de 2€, e con él se poderán conseguir entradas para ver os partidos do clube. Se se detectan entradas concedidas a persoas que non teñen o carnet de peñista, automáticamente suporá a cese da peña correspondente como peña legal do clube. En breve colgaremos a normativa nesta páxina web para que todos poidan ter acceso a ela, e cando sexa efectiva, notificaráse a todos os socios.
- Rogos e preguntas: non houbo
Ás 21:15 horas deuse por clausarada a asamblea.



