O pasado día 18 de Febreiro, co gallo da desprazamento do F.C.Barcelona B á Coruña, organizouse unha recepción á cal acudiron represantantes de varias peñas barcelonistas galegas (Ferrol, Ares, Santiago, Marin, Vilalba), e de fora tamén de Galicia (peña de Villabalter - León-) e os membros da comisión deportiva Santi Ballesté e Josep Maria Huguet por parte do F.C.Barcelona. Tamén acudiron varios xogadores e membros do staff técnico, como o adestrador Eusebio Sacristán e o adestrador de porteiros, Carles Busquets.
Pola tarde, varios membros da peña acudiron a Riazor para ver o partido entre o Deportivo da Coruña e o Barça B, que rematou con victoria do Depor por 2 a 1
Preme aqui para ver a galeria de fotos



