A peña barcelonista ferrolana organiza unha viaxe para ver o partido R.C.Deportivo-F.C.Barcelona que se disputará o 8 ou 9 de Xaneiro (data ainda por confirmar) no estadio de Riazor, na Coruña

Como ven sendo tradicional todos os anos, a peña organiza a viaxe para ver o partido do Barça na Coruña.

  • A peña ten reservado un paquete de entradas, cada unha cun prezo de 75€ (as entradas son de esquina fondo pabellón - preferencia superior)
  • Poráse un autocar para desplazarse a Coruña, que será gratuito para os socios da peña, e para os non socios terá un prezo de 5€. Sairá da praza do Inferniño, a unha hora ainda por determinar, dependendo da hora de comezo do partido
  • Para facer a reserva das entradas ou obter máis información, existen 2 mecanismos:
    • Acudir ao local da peña, que estará aberto os xoves de 20:00 a 21:00 horas
    • Enviar un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou ben a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , indicando nome e apelidos, DNI e teléfono de contacto (este último é opcional) das persoas interesadas en acudir ao partido. No menor tempo posible nos poremos en contacto (via correo electrónico ou por teléfono) informando da disponibilidade de entradas, e se houbera, cómo facer a reserva das mesmas.

Iremos informando puntualmente das novedades que poidan xurdir ao arredor deste desprazamento (día e horario do partido, hora de saida do autocar)

 
Cambiar idioma
Castellano
Usuario
Noticias deportivas