Os próximos 16 e 17 de Xuño celebraráse a XXII xuntanza de peñas barcelonistas no Grove, e como sempre, a peña barcelonista ferrolana organiza un desprazamento para acudir. A viaxe será para ir aos actos principais do domingo 17, ponse un autocar que sairá ás 8 da mañá da parada de taxis do Inferniño. A viaxe é gratuita para os socios, e de 8€ para os non socios.
Aqueles interesados en ir aos actos do 16 de Xuño terán que ir pola súa conta, e para durmir hai un acordo cun hotel no Grove (hotel Villa Juanita - http://www.villajuanita.com-), que para os peñistas que acudan pon prezos populares (25€ habitación dobre, 20€ habitación individual)
O prezo para os actos do 16 de Xuño é de 50€, para os actos do 17 de Xuño son 60€ (menú infantil 25€)
O prazo para apuntarse rematará o 1 de Xullo, aínda que existirá unha prórroga ata o 9 de Xuño, pero aqueles que o fagan entre o 1 e o 9 terán que pagar 5€ a maiores.
A continuación mostramos o plan de actos dos 2 días:




