O pasado fin de semana, a peña barcelonista ferrolana estivo acompañando aos cativos do Alevín C do F.C.Barcelona que se achegaron a Ferrolterra para participar no torneo de Fútbol 7 organizado polo Narón Balompie, e que se celebrou nos campos da Gándara, en Ferrol. Lamentablemente, o equipo non puido gañar o torneo, xa que quedou eliminado por Sporting de Lisboa nas semifinais, pero acadou a terceira praza gañando ao Sporting de Xixón no partido polo terceiro e cuarto posto. Mencionar que o premio a mellor xogador do torneo o levou Takefusa Kubo, primeiro xogador xaponés en xogar nas ringleiras do F.C.Barcelona

Dende a peña queremos agradecer públicamente o trato dispensado polo equipo do F.C.Barcelona (xogadores, equipo técnico e responsable da área social que representou o clube, o señor Miquel Espert). Houbo intercambio de agasallos entre a peña e o equipo o venres nunha pequena recepción celebrada no hotel de concentración, e na xornada matinal do sábado puidemos xuntarnos con eles despois do seu partido para unha breve sesión fotográfica

Parece ser que o próximo ano está confirmada a asistencia de novo dos rapaces do F.C.Barcelona para unha nova edición do torneo, e animamos aos siareiros e socios da peña a acudir en masa para presenciar e animar aos rapaces, que serán as futuras estrelas do clube

 


 
Cambiar idioma
Castellano
Usuario
Noticias deportivas