O pasado día 19 de Febreiro celebrouse en Vilalba unha reunión da coordinadora de peñas barcelonistas galegas, a cal acudiron 5 membros da peña barcelonista ferrolana. A continuación resumimos a orde do día da devandita reunión:

PEÑAS ASISTENTES (13): Peña Barcelonista de Santiago, Peña Barcelonista “Eternos do Barça” de Ourense, Peña Barcelonista Ferrolana, Peña Barcelonista “A Pravia” de Vilalba, Peña Barcelonista do Fisterra, Peña Barcelonista Aresana, Peña Barcelonista de Narón, Peña Barcelonista “Alvariño de Cambados”, Peña Barcelonista do Grove, Peña Barcelonista Lucense, Peña Barcelonista de Rianxo, Peña Barcelonista do Porriño e Peña Barcelonista de Marín.
REPRESENTADAS (1): Peña Barcelonista do Carballiño.
ORDE DO DÍA
1º) Derradeira reunión do Consello Consultivo de Peñas FCB 12/12/10.
Polo Delegado (Salvador Cerviño) dase conta do contido da última reunión do Consello Consultivo de Peñas do FC Barcelona, na que se falou entre outras cousas, da nova Normativa de Peñas de obrigado cumprimento para poder dispor da credencial que nos acredita como Peñas Activas, sobre a que esta traballando o FC Barcelona e o Consello Consultivo de Peñas e para a que se crearon varias comisións de traballo; Censo, Altas e Baixas; Entradas e Desprazamentos; Identidade do Peñista e campus e actividades. Esta nova Normativa provocou que esté paralizada a alta e reactivación de Peñas por parte do FC Barcelona dende fai varios meses.
Por destacar algúns dos temas pódese falar do Carné do Peñista que será obrigatorio e terá un custe de 1 ou 2 euros, cada Peña terá que cobrarlle ós seus socios e facer un só ingreso polo total dos socios ó FC Barcelona. Para este carné haberá que facilitar un censo/listado dos socios da Peña e o número total de socios de cada Peña será un dos factores para o coeficiente de reparto de entradas, así como o acudir e organizar actos peñísticos, acudir a reunións, etc. Tamén haberá que facerlle chegar o FC Barcelona nos 3 primeiros meses de cada ano certificados da celebración da asemblea, Actividades, etc.
Na nova normativa buscarase ademais sentar as bases para dar de baixa a unha Peña cando non cumpra dita normativa. Habería Baixas Temporais e Definitivas; Temporais coa retirada da credencial por unha tempada cando non se envíe toda a documentación durante o primeiro trimestre e Definitivas cando no se cumpra a normativa dous anos seguidos. Tamén se prevén sancións no caso de falsidade tanto no censo de Peñistas como na documentación aportada ó FC Barcelona.
En definitiva coa nova normativa buscarase que as Peñas sexan de verdade os representantes do FC Barcelona no territorio, ter un censo fiable de Peñistas e que non teñamos Peñas tan so para pedir entradas, acudir a partidos do primeiro equipo e que logo non participen nas actividades, reunións, partidos das seccións, etc. do Barcelonismo na súa zona (neste caso Galicia).
2º) Estado da XXI Xuntanza de Peñas Barcelonistas de Galicia, Vilalba 2011.
O presidente da Peña “A Pravia” de Vilalba, organizadora da mesma fainos un resumo Provisional dos actos cos que teñen previsto agasallarnos.
Mércores 1 de Xuño
-20:00 H. SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL.
INAUGURACIÓN DUNHA EXPOSICIÓN CUXA TEMÁTICA ESTÁ AINDA POR POR DETERMINAR, QUE SE PODERÁ CONTEMPLAR ATA O 19 DE XUÑO.
SABADO 11 DE XUÑO
- DE 11 A 13 H. E DE 16 A 19 H. PRAZA DA CONSTITUCIÓN.
ACTIVIDADES INFANTIS: INCHABLES, XOGOS POPULARES,TALLERES, ETC.
- 16 H. PRAZA DA CONSTITUCIÓN
COMEZAREMOS A CONSTRUCCIÓN DO ESCUDO XIGANTE DO F.C. BARCELONA CON CHAPAS DE REFRESCO.
- 16 H. TEMPLETE DA PRAZA DA CONSTITUCIÓN.
EXPOSICIÓN DAS 6 COPAS.
- 19:30 H. SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA
COLOQUIO SOBRE UN TEMA AINDA POR DETERMINAR, COA PARTICIPACIÓN DE REPRESENTANTES F.C. BARCELONA E OUTROS.
-22:30 H. HOTEL VILLAMARTÍN
CEA DE IRMANAMENTO.
DOMINGO 12 DE XUÑO
-10 A 11:30 H. PRAZA DA CONSTITUCIÓN.
RECOLLIDA ACREDITACIÓNS
-11:45 H. CONCELLO, SALÓN DE PLENOS.
RECEPCIÓN DO ALCALDE A AUTORIDADES, REPRESENTANTES F.C.BARCELONA E PRESIDENTES PEÑAS.
-12:15 H. DESFILE CARA AUDITORIO MUNICIPAL
ACOMPAÑADOS POLA BANDA NAVAL DE TAMBORES E CORNETAS DE VIVEIRO, AS PEÑAS DESFILARÁN POLA RÚA PRINCIPAL DE VILALBA LUCINDO AS SÚAS PANCARTAS E ESTANDARTES.
-13H. AUDITORIO MUNICIPAL:
-DISCURSOS DE BENVIDA.
-CONCERTO BANDA DE MÚSICA DE VILALBA.
-ENTREGA PREMIOS CONCURSO DEBUXO.
-ENTREGA PREMIOS BARCA GALICIA 2011
-14:00 H. PRAZA DA CONSTITUCIÓN
-DEGUSTACIÓN PRODUCTOS TIPICOS.
-SESION VERMOUTH AMENIZADA POR ORQUESTA.
No transcurso da sesión vermouth lanzaránse fogos artificiais en “agradecimento” polos títulos máis importantes na historia do F.C. Barcelona.
25+1 polas Copas del Rei
20+1 polas Ligas
3+1 polas Copas de Europa
-15:00 H. COMIDA DE CONFRATERNIDADE.
-APERITIVO
-COMIDA.
-INTERCAMBIO DE AGASALLOS.
-PRESENTACIÓN XUNTANZA 2012
-SORTEO.
-ACTUACIÓN MUSICAL. DUO VENUS.
- 20 H. DESPEDIDA
3º) Propostas para Organizar a XXII Xuntanza de Peñas Barcelonistas Galegas 2012.
Despois de que na derradeira reunión non hubese ningunha Peña que apostase pola organización da XXII Xuntanza do 2012, aprazouse para esta na que finalmente otorgáselles dita organización á Peña Barcelonista do Grove que o fará por segunda ocasión, pois xa o fixeron no 2002 con notable éxito, sendo a primeira vez que o Presidente do FC Barcelona acudiu a Galicia para festexar coas Peñas.
Tamén se concede a organización da XXIII Xuntanza do 2013 a Peña Barcelonista Eternos do Barça de Ourense, pois coincide co seu 25 aniversario. Esta Peña foi a que abriu o camiño para que Galicia fose pioneira en organizar este tipo de actos fora de Cataluña, organizando a primeira Xuntanza aló polo ano 1991.
4º) Situación económica a 31 de Decembro da Coordinadora. Ingresos e gastos.
Polo presidente (Salvador Cerviño) dase conta do estado de contas da Coordinadora o remate do pasado exercicio 2010. Entrégase unha copia do extracto da conta de Banesto da Coordinadora dende 01/01/10 ata 31/12/10, así como un balance detallado de ingresos e gastos durante o ultimo ano. As contas foron aprobadas por unanimidade das Peñas presentes.
5º) Rogos e preguntas.
Chegados este punto o presidente da Peña Barcelonista Ferrolana, Agustín Bellón coméntanos que neste ano 2011 a súa Peña celebra o 40 aniversario e que teñen pensado facer unha celebración acorde coa efeméride da que nos informará máis polo miúdo e a que convida a asistir a todas as Peñas Galegas.
Despois do balanzo de contas realizado con anterioridade e a proposta de varias das Peñas presentes, pídese subir tanto a subención da Coordinadora a Peña organizadora da Xuntanza como a cuota que aboan as Peñas cada ano (a Coordinadora aporta 500€ a Peña que organiza a Xuntanza e a cuota que aboan as Peñas e de 100€ anuais). Como non figuraba na orde do día o Presidente propón que este tema quede pendente para a vindeira reunión que se celebrará en Vilalba (ou ben o 30/04/11 ou 07/05/11, avisarase con tempo) para que todas as Peñas teñan a oportunidade de opinar.



