Esta semana o F.C.Barcelona confirmou que o número de entradas asignadas para a final da copa do Rei a nosa peña foron de 3. O reparto das entradas queda como sigue: 1 entrada para a xunta directiva e as 2 entradas restantes para os socios. Estas últimas serán as que se sorteen o próximo xoves día 31 no local da peña a partir das 8 de tarde entre os socios que se apuntaron estas 2 últimas semanas para optar a ir á final que se disputará en Valencia contra o Real Madrid o próximo día 20 de Abril



