A peña barcelonista ferrolana convoca aos seus socios a participar no sorteo para obter algunha das entradas para a final da Champions League que se disputará o próximo día 28 de Maio no estadio de Wembley, en Londres

 

Os socios teredes a partir de hoxe a oportunidade de inscribirse no sorteo que se celebrará no local da peña, o próximo Xoves, día 12, a partir das 20:30 horas. Para iso, poderedes enviar un correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , indicando nome e DNI do socio, ou ben acudir ao local da peña o próximo xoves antes do sorteo.

Ponse en coñecemento os seguintes puntos de interese:

>>A peña non coñece o número de entradas que o F.C.Barcelona lle vai conceder para a final. Espérase que a próxima semana teñamos noticias sobre o reparto das mesmas

>>O precio das entradas oscilará entre 300 libras e as 80 libras. Para máis información, podes consultar a seguinte páxina web:

http://www.fcbarcelona.cat/web/castellano/noticies/club/temporada10-11/05/03/n110503117240.html

>>Recordamos a normativa existente para o reparto de entradas en finais:

-- Só poderán optar a entrada aqueles socios da peña barcelonista ferrolana cunha antigüedade superior a un ano dende o comezo da temporada actual, e que estén ao día no pago das cuotas de socios

-- Todo aquel socio que cumpra co punto 1 poderá participar, independentemente de se foi agraciado en sorteos anteriores

-- Do paquete de entradas asignados á peña, 1 ou 2 entradas resérvase para a xunta directiva (dependendo do número final de entradas concedidas)

-- Se hai más solicitudes que entradas dispoñibles, celebraráse un sorteo puro entre os inscritos. Tamén se sortearán tantas prazas de suplentes como entradas haxa. No caso de que algún agraciado non puidera ir á final, entón esa entrada pasaría, por estricto orde de sorteo, ao primeiro suplente designado.

Para aclarar calquera dúbida que poida surxir con este proceso, tedes a vosa disposición o enderezo de correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo para enviar un email, e será respondido no menor tempo posible

Visca o Barça!!!

 
Cambiar idioma
Castellano
Usuario
Noticias deportivas