Hoxe comenzaba o periodo para que as peñas barcelonistas solicitasen as entradas para a final da copa do Rei que se xogará en Valencia o próximo día 20 de Abril, e a peña barcelonista ferrolana xa fixo a súa solicitude.

Hoxe comenzaba o periodo para que as peñas barcelonistas solicitasen as entradas para a final da copa do Rei que se xogará en Valencia o próximo día 20 de Abril, e a peña barcelonista ferrolana xa fixo a súa solicitude.

Para aqueles socios da peña que poidan estar interesados en ir á final, poñemos no seu coñecemento os seguintes puntos:

-- Ábrese un prazo de 2 semanas para apuntarse, dende hoxe mesmo.

-- Para solicitar entrada, é imprescindible acudir ao local da peña (aberto os Xoves, de 20:00 a 21:00 horas), polo tanto terán os días 17 e 24 de Marzo dispoñibles.

-- Se o número de solicitudes supera o número de entradas dispoñibles, celebrarase un sorteo no local da peña o xoves 31 de Marzo as 20:00 horas.

-- O número de entradas solicitadas pola peña é de 4 (o máximo permitido polo F.C.Barcelona). Por suposto, isto non quere dicir que ao final sexa o número de entradas que consigamos, xa que depende da decisión final por parte do F.C.Barcelona, pero sí que como máximo serán 4 (coñeceremos o número definitivo dentro duns días)

-- O prezo das entradas asignadas tampouco se coñece, o único que se sabe é que oscila entre os 60 e os 250€

-- Existe un regulamento para o reparto das entradas nas finais, aprobado pola asamblea de socios, polo cal:

-- Só poderán optar a entrada aqueles socios da peña barcelonista ferrolana cunha antigüedade superior a un ano dende o comezo da temporada actual, e que estén ao día no pago das cuotas de socios

-- Todo aquel socio que cumpra co punto 1 poderá participar, independentemente de se foi agraciado en sorteos anteriores

-- Do paquete de entradas asignados á peña, 1 ou 2 entradas resérvase para a xunta directiva (dependendo do número final de entradas concedidas)

-- Se hai más solicitudes que entradas dispoñibles, celebraráse un sorteo puro entre os inscritos. Tamén se sortearán tantas prazas de suplentes como entradas haxa. No caso de que algún agraciado non puidera ir á final, entón esa entrada pasaría, por estricto orde de sorteo, ao primeiro suplente designado.

Calquera novidade que se vaia producindo neste senso iráse informando puntualmente na web. Se tedes calqueira dúbido ou cuestión, poderedes acudir ao local da peña ou ben mandar un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , e será contestado no menor tempo posible

 

 
Cambiar idioma
Castellano
Usuario
Noticias deportivas