Pola presente convócase:
Asamblea Xeral Ordinaria o Xoves 12 de FEBREIRO 2015, ás 20.00 h. en primeira convocatoria e ás 20.30 h. en segunda convocatoria na sede social da P.B.F. sita na rúa Fontemoura, 61-63 Baixo A, coa seguinte orde do día:
- Lectura da acta anterior.
- Aprobación, si procede, do balanzo económico do ano 2014.
- Aprobación, si procede, dos presupostos do ano 2015.
- Estudio desprazamentos para ver o Barça fora do Camp Nou.
- Informe do Presidente.
- Rogos e preguntas.
A boa marcha da nosa Peña necesita da túa participación.
Esperamos a túa asistencia
|
A xunta directiva da peña barcelonista ferrolana quere desexarlle aos socios e simpatizantes culés de Ferrol e comarca un bo nadal e prospero ano 2015
Na última reunión da xunta directiva da peña barcelonista ferrolana, decidiuse cancelar a viaxe que estaba prevista para ver o Deportivo - Barcelona do mes de Xaneiro en Coruña, debido o alto prezo das entradas que puxo o R.C.Deportivo para dito partido, 95€ para a grada destinada a afición visitante. Tamén se decidiu que o importe que ia ser destinado a subvencionar a viaxe en autocar destinaráse para outra viaxe que se está a planificar en Febreiro a Bilbao, para ver o Athletic Bilbao - Barcelona, no cal en próximas data daremos máis detalles. Lamentamos as molestias que poida ocasionar esta cancelación Xa está dispoñible á venda a lotaria de nadal do ano 2014. Como é habitual, o número a xogar é o 60930, as participacións son de 5€ cada unha, xogándose 4,5€ e os 0,5€ restantes son donativo para a peña. Podénse mercar no local da peña e en diferentes establecimientos comerciais de Ferrol e a súa comarca.
O próximo xoves día 27 de Marzo, ás 20:30 horas no local da peña barcelonista, sortearánse as entradas concedidas á peña para a final da copa do Rei que se disputará en Valencia o vindeiro 16 de Abril contra o Real Madrid. Só poderán entrar no sorteo aqueles socios con carnet oficial expedido polo F.C.Barcelona este ano e que acudan presencialmente ao sorteo. O número de entradas asignadas á peña confirmaráse este luns, a peña solicitou o máximo permitido, que era 4 entradas. |





