A peña barcelonista ferrolá organiza desprazamento para ver o partido de liga de fútbol masculina a:

  • Vigo para presenciar o Celta de Vigo - F.C.Barcelona a fin de semana do 3-4 de Xuño (data e horario por confirmar). Todavía non sabemos dispoñibilidade nin prezos das entrada
  • A data límite para inscribirse é o Xoves 18 de Maio.
  • Para inscribirse, enviar un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou chamar ao 636361566
  • A peña porá a disposición dos seus socios un autocar gratuito, sempre e cando haxa un mínimo de 10 inscritos. Se ao final non hai xente suficiente, a peña, para aqueles inscritos, xestionará a merca de entradas
 

A xunta directiva da peña barcelonista ferrolana informa que debida a situación actual de emerxencia social derivada da pandemia do COVID-19, pospón a cea que se ía celebrar o vindeiro sábado. En función de evolución da pandemia volveráse a definir nova data.

Pedimos disculpas aos socios e siareiros que ían acudir, pero entendemos que o primeiro é a saude e desenrolar as accións preventivas necesarias para evitar que a situación vaia a peor.

 

O equipo de hockei sobre patíns do F.C.Barcelona vai disputar entre o 19 e o 22 de Marzo a fase final da copa do rei que se disputará na Coruña. Se queres ir animar ao equipo, poñemos a disposición dos socios unha ligazón onde se poden mercar os abonos a un prezo de 20€ (data límite para mercar entradas o 10 de Marzo): https://club.siguetuliga.com/clubes/3321d9a0849a495c3354668fcb2f377de0af1694/pagos/88a3417e6d184ac61ead26c81427a47a85cdd615

 

A Peña Barcelonista Ferrolana organiza unha cea o vindeiro sábado 14 de Marzo para os socios e siareiros culés que queiran acudir. Será no restaurante "A Gabeira", e terá o seguinte menú:

 

  • Langostinos cruxentes con mahonesa de lima
  • Zamburiñas gratinadas
  • Filloa salada rechea de champiñóns e xamón con crema de queixo
  • Burrito de verdura e polo asado
  • Merluza de Cedeira gratinada sobre fondo de grelos
  • Xarrete estofado a fogo lento con guarnición
  • Postre variado individual
  • Viños: Albariño Dávila e Rioja cr Izadi
  • Cafés e chupitos
O prezo para os socios da peña é de 35€ e para os non socios de 45€. Haberá servizo de bus gratuito para ir e voltar do restaurante. O horario será confirmado máis adiante.

O prazo límite para inscribirse será o 10 de Marzo.
 

A peña ten un novo local para atender aos socios e siareiros culés situado no baixo da rúa San Salvador, 34-36. Lembramos que o local estará aberto os xoves de 20:00 a 21:00 horas.


 
Cambiar idioma
Castellano
Usuario