Ábrese o prazo para apuntarse á lista para poder ir á final da copa do Rei que se xogará o 30 de Maio no Camp Nou entre o Barça e o Athletic de Bilbao. Aqueles interesados (soamente poden inscribirse socios da peña co carnet de peñista oficial desta tempada) poderán enviar un email a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou ben achegándose ao local da peña.

Todavía non se coñece nin prezo das entradas, nin cantas vai ter a disposición a peña. Esto será informado puntualmente a través da web da peña, e se hai máis solicitudes ca entradas, faráse un sorteo.

 

A peña barcelonista ferrolá organiza un desprazamento para acudir ao partido de liga de fútbol entre o R.C.Celta de Vigo e o F.C.Barcelona que se disputará o domingo 5 de Abril ás 21:00 horas.

O custe do autocar é de balde para os socios e cun prezo de 10€ para os non socios, e sairá ás 10:30 da mañá de Catabois (enfrente ao bar Daikevel), e pasará a continuación pola parada de taxis do Inferniño (haberá autocar sempre e cando haxa un mínimo de 12 peñistas apuntados)

As obras no estadio de Balaidos fan que as entradas estén limitadas. A intención da peña é reservar as entradas de 65€ de grada de gol, en base a dispoñibilidade que haxa (http://www.celtavigo.org/taquillaCelta).

O prazo límite para apuntarse é o vindeiro venres, día 20 de Marzo.

Calquera consulta pódese enviar un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo


 

O carnet de peñista oficial emitido polo F.C.Barcelona xa chegou, está dispoñible para recepcionar polos socios da nosa peña a partir de hoxe no local social

As vantaxas que ten ter este carnet veñen explicadas na seguinte ligazón: http://penyes.fcbarcelona.es/detalle/noticia/temporada/2013-2014/ventajas-del-carnet-del-penista


 

Pola presente convócase:

Asamblea Xeral Ordinaria o Xoves 12 de FEBREIRO 2015, ás 20.00 h. en primeira convocatoria e ás 20.30 h. en segunda convocatoria na sede social da P.B.F. sita na rúa Fontemoura, 61-63 Baixo A, coa seguinte orde do día:

  • Lectura da acta anterior.
  • Aprobación, si procede, do balanzo económico do ano 2014.
  • Aprobación, si procede, dos presupostos do ano 2015.
  • Estudio desprazamentos para ver o Barça fora do Camp Nou.
  • Informe do Presidente.
  • Rogos e preguntas.

A boa marcha da nosa Peña necesita da túa participación.

Esperamos a túa asistencia

 

A xunta directiva da peña barcelonista ferrolana quere desexarlle aos socios e simpatizantes culés de Ferrol e comarca un bo nadal e prospero ano 2015


 
Cambiar idioma
Castellano
Usuario