Informamos aos socios e siareiros do cambio temporal do local social da Peña Barcelonista Ferrolana, pasando a estar situado no baixo dereita da Rúa Cabo Prior, 2-4, a escasos 100 metros de distancia do anterior local. Na imaxe adxunta é o baixo marcado en vermello.

Estamos en xestións para conseguir un novo local de xeito permanente

Aproveitamos para desexarvos dende a Peña os mellores desexos para o ano 2018

 

 

Os vinderos 10 e 11 de Xuño celébrase en Vilagarcia de Arousa a XXVII Xuntanza de peñas barcelonistas galegas, e como é habitual, a nosa peña organiza un desprazamento para ir o domingo 11.

A saida será ás 09:00 da mañá, con paradas en Catabois (frente ao bar Daikevel) e na parada de taxis do Inferniño. O custe do bus é de balde para os socios da peña e cun prezo de 6€ para os non socios

Os interesados en ir o sábado terán que desprazarse pola súa propia conta

O prazo límite para inscribirse remata o xoves 25 de Maio

A continuación, indicamos información de hoteis e actividades da xuntanza, con prezos incluidos

Ler máis...

 

O próximo Xoves 4 de Maio ás 20:30 horas se celebrará o sorteo de entradas para poder ir á final da copa do Rei que se xogará o 27 de Maio no Vicente Calderón entre o Barça e o Alavés. O sorteo é aberto a aqueles socios da peña activos e cunha antigüedade de ao menos un ano, tal como marca a normativa da peña, e o formato do sorteo será o mesmo que se ven empregando nas últimas ocasións.

Todavía non se coñece nin prezo das entradas, nin cantas vai ter a disposición a peña, feito que cando o saibamos se porá en coñecemento dos agraciados

 

O próximo sábado os nosos compañeiros da peña de Ares celebran o seu 35 aniversario. Adxuntamos a axenda de actos, para a cea o prezo dos peñistas é de 35€. Ainda estades a tempo de apuntarvos!


 

A peña barcelonista ferrolá organiza desprazamento a Coruña para presenciar o R.C.Deportivo – F.C.Barcelona o próximo 12 de Marzo (domingo, ás 16:15 horas). As entradas custan 85€ (preferencia superior), e a data límite para inscribirse é o Xoves 2 de Marzo.

A peña porá a disposición dos seus socios un autocar gratuito, sempre e cando haxa un mínimo de 12 inscritos. Os non socios terán que pagar 5€ pola viaxe. Se ao final non hai xente suficiente, a peña, para aqueles inscritos xestionará a merca de entradas

O autocar sairá ás 12:00 horas de Catabois (enfronte ao bar Daikevel), e pasará a continuación pola parada de taxis do Inferniño

 
Cambiar idioma
Castellano
Usuario