Pola presente convócase:

Asamblea Xeral Ordinaria o Xoves 28 de Febreiro 2019, ás 20.00 h. en primeira convocatoria e ás 20.30 h. en segunda convocatoria na sede social da P.B.F. sita na rúa Cabo Prior, Baixo dereita, coa seguinte orde do día:

  • Lectura da acta anterior.
  • Aprobación, si procede, do balanzo económico do ano 2018.
  • Aprobación, si procede, dos orzamentos do ano 2019
  • Informe do Presidente.
  • Xestións para o novo local da PBF
  • Rogos e preguntas.

A boa marcha da nosa Peña necesita da túa participación.

Esperamos a túa asistencia

 

A peña organizará as seguintes actividades para o primeiro semestre do ano 2019:

  • Cea para socios e siareiros o 23 de Febreiro (data límite para inscribirse o venres 15 de Febreiro).
  • Asamblea anual de socios da PBF (data por decidir)
  • Viaxe a Barcelona a fin de semana do 30 - 31 de Marzo para ver o partido F.C.Barcelona - Espanyol (só para socios da peña)
  • Viaxe a Vigo a fin de semana do 4-5 de Maio para ver o partido Celta de Vigo - F.C.Barcelona (só para socios da peña)
  • Viaxe a Vimianzo para a XXIX Xuntanza de Peñas Barcelonistas Galegas os días 8 e 9 de Xuño (para socios e siarieiros en xeral)

Todas as actividades serán informadas en máis detalle puntualmente polas canles de comunicación habituais (correo, páxina web, facebook). Se estades interesados, podedes poñervos en contacto con nos vía email ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) ou acércandose ao local os xoves a partir das 20:00 horas

 

Os vinderos 9 e 10 de Xuño celébrase en Lalin a XXVIII Xuntanza de peñas barcelonistas galegas, e como é habitual, a nosa peña organiza un desprazamento para ir o domingo 10.

A saida será ás 08:45 da mañá, con paradas en Catabois (frente ao bar Daikevel) e na parada de taxis do Inferniño. O custe do bus é de balde para os socios da peña e cun prezo de 6€ para os non socios

Os interesados en ir o sábado terán que desprazarse pola súa propia conta

O prazo límite para inscribirse remata o xoves 31 de Maio

A continuación, indicamos información de hoteis e actividades da xuntanza, con prezos incluidos (os menús poden variar según nos comentaron, calquer cambio será avisado nesta web)

Ler máis...

 

Nota importante para os socios: o sorteo das entradas para a final de copa será o Mércores 28 de Marzo, en vez de o Xoves 29 como se informou erróneamente no comunicado que se enviou aos socios. Disculpade as molestias

 

A peña barcelonista ferrolá organiza desprazamento a

  • Vigo para presenciar o Celta de Vigo - F.C.Barcelona a semana do 16 de Abril (data e horario por confirmar, partido por semana). As entradas custan 80€ (rio alto), e a data límite para inscribirse é o Venres 6 de Abril.
  • Coruña para presenciar o R.C.Deportivo – F.C.Barcelona a fin de semana do 29 de Abril (data e horario por determinar). As entradas custan 70€ (preferencia superior), e a data límite para inscribirse é o Venres 13 de Abril.

A peña porá a disposición dos seus socios un autocar gratuito, sempre e cando haxa un mínimo de 12 inscritos. Os non socios terán que pagar 10€ (Vigo) e 5€ (Coruña) pola viaxe. Se ao final non hai xente suficiente, a peña, para aqueles inscritos xestionará a merca de entradas

Tamén poñemos en coñecemento de socios e siarieros que o  Xoves 29 de Marzo ás 20:30 horas se celebrará o sorteo de entradas para poder ir á final da copa do Rei que se xogará o 21 de Abril no Wanda Metropolitano entre o Barça e o Sevilla F.C. O sorteo é aberto a aqueles socios da peña activos e cunha antigüedade de ao menos un ano, tal como marca a normativa da peña, e o formato do sorteo será o mesmo que se ven empregando nas últimas ocasións.

Todavía non se coñece nin prezo das entradas, nin cantas vai ter a disposición a peña, feito que cando o saibamos se porá en coñecemento dos agraciados


 
Cambiar idioma
Castellano
Usuario