A peña barcelonista ferrolá organiza desprazamento a Coruña para presenciar o R.C.Deportivo – F.C.Barcelona o próximo 12 de Marzo (domingo, ás 16:15 horas). As entradas custan 85€ (preferencia superior), e a data límite para inscribirse é o Xoves 2 de Marzo.

A peña porá a disposición dos seus socios un autocar gratuito, sempre e cando haxa un mínimo de 12 inscritos. Os non socios terán que pagar 5€ pola viaxe. Se ao final non hai xente suficiente, a peña, para aqueles inscritos xestionará a merca de entradas

O autocar sairá ás 12:00 horas de Catabois (enfronte ao bar Daikevel), e pasará a continuación pola parada de taxis do Inferniño

 

Pola presente convócase:

Asamblea Xeral Ordinaria o Xoves 2 de Marzo 2017, ás 20.00 h. en primeira convocatoria e ás 20.30 h. en segunda convocatoria na sede social da P.B.F. sita na rúa Fontemoura, 61-63 Baixo A, coa seguinte orde do día:

  • Lectura da acta anterior.
  • Aprobación, si procede, do balanzo económico do ano 2016.
  • Aprobación, si procede, dos orzamentos do ano 2017.
  • Renovación Xunta Directiva

  • Informe do Presidente.
  • Rogos e preguntas.

A boa marcha da nosa Peña necesita da túa participación.

Esperamos a túa asistencia

 

Hoxe día 26/11 celebramos o noso 45 aniversario, e será por todo o alto nunha cea no restaurante Illas Gabeiras ás 22:00 horas. Haberá un autocar gratuito que sairá ás 21:30 de Catabois e do Inferniño con dirección ao restaurante, e que tamén (a altas horas da noite esperamos) recollerá aos participantes para regresar a Ferrol. Grazas a todos pola vosa participación e esperamos dar guerra por outros 45 anos máis! Visca o Barça e Visca a peña barcelonista de Ferrol!

Na foto temos a recepción que nos fixo o F.C.Barcelona o pasado sábado con motivo da nosa viaxe a Barcelona, onde a pesar do resultado en fútbol, representación da peña estivo presente no partido de baloncesto contra o Estudiantes (mil grazas aos compañeiros da P.B.B. Meritxell polas entradas!), o pasamos en grande por terras barcelonesas


 

A nosa peña cumpre este 2016 45 anos, e para celebralo, a xunta directiva organiza os seguintes actos que esperan contar coa maior participación posible de todos vos.

Acto 1: Viaxe a Barcelona para presenciar o partido F.C.Barcelona – Málaga C.F.

O partido se disputará o sábado 19 de Novembro, ás 16:15 da tarde. A peña organiza o desprazamento a Barcelona, que inclue avión (saiendo da Coruña o sábado pola mañá e regresando o domingo pola tarde), hotel 3 estrellas con almorzo incluido (http://www.hotelazulbarcelona.com/hotel-azul-barcelona) e a entrada ao partido. O prezo do pack completo (non inclue desprazamentos ao aeroporto) é de 160€ para os socios da peña e de 240€ para os non socios. O prazo límite para apuntarse é o Luns día 31 de Octubre, ata as 14:00 horas

Acto 2: Cea celebración do 45 aniversario

O sábado 26 de Novembro, a partir das 22:00, no restaurante Illas Gabeiras, a peña organiza a cea conmemorativa do 45 aniversario. O menú estará composto de:

  • Entrantes (croquetas, empanada) e un viño
  • Primeiro: Langostinos
  • Segundos:
    • Merluza gratinada sobre patacas ou grelos
    • Lomo de porco ibérico con patacas ao azafrán
  • Postre: tarta de hoxaldre e crema
  • Viños (albariño e rioja), refrescos
  • Café
  • Copas (4€ por unidade)

O prezo será de 30€ para os socios da peña e de 40€ para os non socios, e o prazo límite para inscribirse é o Xoves 17 de Novembro

Tamén haberá un menú infantil composto por calamares, croquetas, pizza, milanesa, postre e refrescos ao precio único de 20€

Contamos coa vosa presencia nestes actos para celebrar por todo o alto este aniversario!!

Modificado o (Sábado, 22 Outubro 2016 19:35)

 

A peña barcelonista ferrolá organiza desprazamento a Coruña para presenciar o R.C.Deportivo – F.C.Barcelona o próximo 20 de Abril (mércores, horario por determinar). As entradas custan 75€ (preferencia superior), e a data límite para inscribirse é o luns 28 de Marzo.

A peña porá a disposición dos seus socios un autocar gratuito, sempre e cando haxa un mínimo de 12 inscritos. Os non socios terán que pagar 5€ pola viaxe. Se ao final non hai xente suficiente, a peña, para aqueles inscritos xestionará a merca de entradas

 
Cambiar idioma
Castellano
Usuario