A peña barcelonista ferrolana comunica aos seus socios da convocatoria da asamblea xeral ordinaria o Xoves 20 de Febreiro, ás 20:00 horas en primeira convocatoria, e ás 20:30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

1) Lectura do acta da anterior asamblea

2) Aprobación, se procede, do balanzo económico do ano 2013

3) Aprobación, se procede, do orzamento do ano 2014

4) Novos carnets de peñista tramitados polo F.C.Barcelona

5) Informe do presidente

6) Rogos e preguntas

A asamblea celebrarase no local da peña, rúa Fontemoura 61-63, baixo A.

Contamos coa vosa presencia!

 
Cambiar idioma
Castellano
Usuario