Xa chegaron os novos carnets de peñista oficiais que emite o F.C.Barcelona como novidade este ano. É un xeito máis de poder oficializar de cara ao clube o movimento peñistico.

Este ano (o carnet emitido é válido ata Decembro do 2014) non suporá custe algún para os nosos socios (ten un prezo de 2€ cada un).

Haberá un carnet por ano, e soamente aqueles posedores do mesmo terán dereito a coller entradas para os diferentes eventos deportivos nos que xogue un equipo do F.C.Barcelona a través da peña.

Polo momento, os socios da peña para os que se emitiu o carnet son os que podedes consultar no seguinte listado, e poderedes recollelos no local da peña, aberto os xoves de 20:00 a 21:00 horas


 
Cambiar idioma
Castellano
Usuario