O pasado mércores, día 30 de Novembro, a peña barcelonista ferrolana fixo unha doazón económica por importe de 600€ á entidade "A cociña económica" de Ferrol. O acto celebrouse nas dependencias da cociña económica, e os representantes da peña que acudiron (Agustín Bellón -presidente-, Jose Luis Iglesia Freire -secretario- e Juan Sedes -tesoureiro-) foron recibidos polo presidente da entidade, D.Antonio Tostado, nun acto sinxelo ao cal acudiron diferentes medios de comunicación local, tanto de prensa (Diario de Ferrol, podes premer aqui para ver a nova no diario), web do concello de Ferrol (preme aqui para ver a nova), radio (cadena COPE), e televisión (TV Ferrol, a reportaxe está colgada nesta páxina web, na sección multimedia > Videos).
A doazón provén dos ingresos extra que tivo a peña o ano pasado con motivo do reintegro do número de lotaria de Nadal, e forma parte dos actos que se están a celebrar co gallo do 40 aniversario da nosa peña, actos que continuarán o próximo venres día 9 de Decembro coa cea-baile que se celebrará no restaurante "O Curro" a partir das 22:30 horas.
Na foto, o momento da entrega do talón ao presidente da cociña económica
Debido a problemas de axenda por parte da directiva do F.C.Barcelona, que impedía a asistencia de directivos á cea o día 3 de Decembro, a xunta directiva da peña decidiu retrasar a celebración da cea para o día ,10 de Decembro sábado, ás 22:30 horas. Os socios serán notificados próximamente por carta deste cambio de última hora. Disculpade as molestias que poidan ocasionar esta modificación Si estádes interesados en acudir a ver o partido de baloncesto que se disputará en Santiago de Compostela entre o Blu-Sens Obradoiro e o F.C.Barcelona Regal, a peña xestionará a compra de localidades para acudir a devandito partido. Si o número de apuntados é 15 ou superior e hai localidades dispoñibles, poderáse mirar a posibilidade de alquilar un microbus para desprazamento conxunto.
O partido celebraráse o próximo día 27 de Novembro (Domingo), ás 12:30 da mañá. O precio das localidades está pendente de confirmar, pero oscilará entre os 25 – 30 € probablemente. A data límite para solicitar entrada será o Xoves día 17 de Novembro Co gallo da celebración do 40 aniversario da nosa peña, organizaráse unha cea-baile o próximo día 3 de Decembre, Sábado, a partir das 22:00 horas, no restaurante-parrillada O Curro (Lugar do Curro, 19. San Mateo -Narón-).
Hoxe a TVG fixo unha reportaxe no local da peña,.no programa "A Solaina". Xa tedes os vídeos colgados na sección Multimedia > Videos! :(prema Eiqui para acceder aos videos) |