O pasado Xoves 16 de Febreiro celebrouse no local da peña barcelonista ferrolana a asamblea anual ordinaria de socios (ás 20:00 horas en primeira convocatoria, e ás 20:30 horas en segunda), co seguinte resultado:

Ler máis...

 

O pasado día 18 de Febreiro, co gallo da desprazamento do F.C.Barcelona B á Coruña, organizouse unha recepción á cal acudiron represantantes de varias peñas barcelonistas galegas (Ferrol, Ares, Santiago, Marin, Vilalba), e de fora tamén de Galicia (peña de Villabalter - León-) e os membros da comisión deportiva Santi Ballesté e Josep Maria Huguet por parte do F.C.Barcelona. Tamén acudiron varios xogadores e membros do staff técnico, como o adestrador Eusebio Sacristán e o adestrador de porteiros, Carles Busquets.

Pola tarde, varios membros da peña acudiron a Riazor para ver o partido entre o Deportivo da Coruña e o Barça B, que rematou con victoria do Depor por 2 a 1

Preme aqui para ver a galeria de fotos


 

O partido entre o Rácing e o Barça será o domingo 11 ás 18:00 horas da tarde, e xa temos definido o planning para a viaxe a Santander:

  • Sábado 10 de Marzo, saída de Ferrol ás 7 da maña dende a praza do Inferniño
  • Chegada a primeira hora da tarde a Santander, resto do día libre
  • O Domingo 11 de Marzo, ás 14:00 horas, comida de peñas barcelonistas para celebrar o 15 aniversario da peña "O Trastolillo" de Santader.
  • Unha vez rematada a comida, desprazamento ao estadio
  • Ás 18:00 horas, partido Rácing de Santander - F.C.Barcelona
  • Ao rematar o partido, regreso a Ferrol

O hotel reservado en Santander é o Santemar (preme aqui para ver á súa páxina web). O prezo por persoa son 36€ en habitación dobre e 32€ se é habitación triple. O custe da comida do domingo é de 20€ por persoa, e o menú estará formado por cocido Montañés e Merluza rechea de marisco, ademáis de entrantes variados e postre.

Lembrade que tendes de prazo ata o 1 de Marzo para apuntarvos á viaxe

 

A peña barcelonista ferrolana organiza un desprazamento a Santander para ver o partido entre o Rácing de Santander e o F.C.Barcelona. O partido disputaráse o 10 ou o 11 de Marzo (data e hora ainda por confirmar), A peña fixo unha prereserva de 35 localidades para o encontro (prezo ainda por determinar, pero en base aos prezos do ano pasado, pode estar sobre os 70€), pero non aseguramos que ao final nos concedan todas as entradas pedidas. No caso de que a demanda supere a oferta, faráse un sorteo das entradas. A saída será o sábado 10 pola maña de Ferrol, e a volta está programada para a tarde-noite do domingo 11, dependendo da hora do partido, logo polo tanto pernoctaráse unha noite en Santander. O prezo do aloxamento ainda está por decidir tamén.

A viaxe será gratuita para os socios, e cun custe de 10€ para os non socios, e para levarse a cabo este desprazamento, deberá haber un mínimo de 12 persoas apuntadas. A data límite para a inscripción é o 1 de Marzo. Calquera novidade con respecto a viaxe será debidamente publicada a través da páxina web. Poñenmos a disposición de aqueles interesados o noso enderezo de correo electrónico ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) para calquera dúbida ou cuestión ao respecto, así como sempre estará o local da peña aberto todos os xoves a partir das 20:00 horas

 

A peña barcelonista ferrolana convoca aos seus asociados o próximo día 16 de Febreiro (Xoves) ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria á asamblea xeral ordinaria de socios, que terá lugar no local da peña (rúa Fontemoura, 61-63 Baixo A).

A orde do día consistirá dos seguintes puntos:

  1. Lectura da acta anterior
  2. Aprobación, si procede, do balanzo económico do ano 2011
  3. Aprobación, si procede, dos orzamentos do ano 2012
  4. Informe do Presidente
  5. Rogos e preguntas

Para un bo funcionamiento da peña, pregamos a asistencia á asamblea dos socios

 
Cambiar idioma
Castellano
Usuario