A peña barcelonista ferrolá organiza desprazamento a Coruña para presenciar o R.C.Deportivo – F.C.Barcelona o próximo 12 de Marzo (domingo, ás 16:15 horas). As entradas custan 85€ (preferencia superior), e a data límite para inscribirse é o Xoves 2 de Marzo.
A peña porá a disposición dos seus socios un autocar gratuito, sempre e cando haxa un mínimo de 12 inscritos. Os non socios terán que pagar 5€ pola viaxe. Se ao final non hai xente suficiente, a peña, para aqueles inscritos xestionará a merca de entradas
O autocar sairá ás 12:00 horas de Catabois (enfronte ao bar Daikevel), e pasará a continuación pola parada de taxis do Inferniño
