Hoxe día 26/11 celebramos o noso 45 aniversario, e será por todo o alto nunha cea no restaurante Illas Gabeiras ás 22:00 horas. Haberá un autocar gratuito que sairá ás 21:30 de Catabois e do Inferniño con dirección ao restaurante, e que tamén (a altas horas da noite esperamos) recollerá aos participantes para regresar a Ferrol. Grazas a todos pola vosa participación e esperamos dar guerra por outros 45 anos máis! Visca o Barça e Visca a peña barcelonista de Ferrol!

Na foto temos a recepción que nos fixo o F.C.Barcelona o pasado sábado con motivo da nosa viaxe a Barcelona, onde a pesar do resultado en fútbol, representación da peña estivo presente no partido de baloncesto contra o Estudiantes (mil grazas aos compañeiros da P.B.B. Meritxell polas entradas!), o pasamos en grande por terras barcelonesas