O pasado día 18 de Febreiro celebrouse a asamblea xeral ordinaria de socios da peña barcelonista ferrolana, na cal se trataron e acordaron os seguintes puntos:

 

1 Lectura da anterior acta: aprobación por unanimidade

2 Orzamentos 2015: aprobación por unanimidade

3 Orzamentos 2016: aprobación por unanimidade3

4 Actualización na normativa de sorteo de entradas para finais: decidiuse que o sorteo sempre se fará o xoves seguinte a que se confirme a clasificación do Barça para unha final. No caso de que o xoves sexa festivo ou que o Barça se clasifique nun xoves, trasladaríase ao xoves seguinte.

5 Actividades 2016: viaxe a Coruña, actos 45 aniversario (cea con data a decidir, e cos cartos recadados da lotaria de nadal do 2015, acto de doación a unha entidade benéfica e viaxe a Barcelona parcialmente subvencionada)

6 Rogos e preguntas:

a Opinión da xunta directiva sobre a persecución mediática que sufre o clube nos medios de comunicación e na xustiz

b Pregunta porqué as notificacións que se fan chegar por correo aos socios non van en idioma galego, tema que se tratará e votará na seguinte asamblea

Grazas a todos os socios participantes na asamblea, e esperamos que ás próximas sexan igual ou máis concurridas, xa que a boa labor da peña necesita da colaboración de seus socios

 
Cambiar idioma
Castellano
Usuario
Noticias deportivas