Na última reunión da xunta directiva da peña barcelonista ferrolana, decidiuse cancelar a viaxe que estaba prevista para ver o Deportivo - Barcelona do mes de Xaneiro en Coruña, debido o alto prezo das entradas que puxo o R.C.Deportivo para dito partido, 95€ para a grada destinada a afición visitante.

Tamén se decidiu que o importe que ia ser destinado a subvencionar a viaxe en autocar destinaráse para outra viaxe que se está a planificar en Febreiro a Bilbao, para ver o Athletic Bilbao - Barcelona, no cal en próximas data daremos máis detalles.

Lamentamos as molestias que poida ocasionar esta cancelación