O pasado mércores, día 30 de Novembro, a peña barcelonista ferrolana fixo unha doazón económica por importe de 600€ á entidade "A cociña económica" de Ferrol. O acto celebrouse nas dependencias da cociña económica, e os representantes da peña que acudiron (Agustín Bellón -presidente-, Jose Luis Iglesia Freire -secretario- e Juan Sedes -tesoureiro-) foron recibidos polo presidente da entidade, D.Antonio Tostado, nun acto sinxelo ao cal acudiron diferentes medios de comunicación local, tanto de prensa (Diario de Ferrol, podes premer aqui para ver a nova no diario), web do concello de Ferrol (preme aqui para ver a nova), radio (cadena COPE), e televisión (TV Ferrol, a reportaxe está colgada nesta páxina web, na sección multimedia > Videos).

A doazón provén dos ingresos extra que tivo a peña o ano pasado con motivo do reintegro do número de lotaria de Nadal, e forma parte dos actos que se están a celebrar co gallo do 40 aniversario da nosa peña, actos que continuarán o próximo venres día 9 de Decembro coa cea-baile que se celebrará no restaurante "O Curro" a partir das 22:30 horas.

Na foto, o momento da entrega do talón ao presidente da cociña económica


 
Cambiar idioma
Castellano
Usuario
Noticias deportivas