Os próximos días 11 e 12 de Xuño a peña barcelonista "A Pravia" de Vilalba organizará a XXI Xuntanza de peñas barcelonistas galegas. Nas últimas edicións, a nosa peña foi a que máis xente levou, e este ano non queremos ser menos, así que vos animamos a participar desta festa do barcelonismo galego. Tedes de prazo ata ó día 8 de Xuño para apuntarse. Como todos os anos, a peña porá un autocar para desplazarse (o domingo día 12), que será totalmente gratuito para os socios e terá un custe de 5€ para os non socios.
Toda a información sobre as actividades, prezos, e información turística de interese, a poderedes atopar na seguinte páxina web: http://xuntanzavilalba.jimdo.com/




