A peña barcelonista ferrolá organiza un desprazamento para acudir ao partido de liga de fútbol entre o R.C.Celta de Vigo e o F.C.Barcelona que se disputará o domingo 5 de Abril ás 21:00 horas.

O custe do autocar é de balde para os socios e cun prezo de 10€ para os non socios, e sairá ás 10:30 da mañá de Catabois (enfrente ao bar Daikevel), e pasará a continuación pola parada de taxis do Inferniño (haberá autocar sempre e cando haxa un mínimo de 12 peñistas apuntados)

As obras no estadio de Balaidos fan que as entradas estén limitadas. A intención da peña é reservar as entradas de 65€ de grada de gol, en base a dispoñibilidade que haxa (http://www.celtavigo.org/taquillaCelta).

O prazo límite para apuntarse é o vindeiro venres, día 20 de Marzo.

Calquera consulta pódese enviar un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo