Co gallo da celebración do 40 aniversario da nosa peña, organizaráse unha cea-baile o próximo día 3 de Decembre, Sábado, a partir das 22:00 horas, no restaurante-parrillada O Curro (Lugar do Curro, 19. San Mateo -Narón-).
O menú a degustar estará formado polos seguintes pratos:
- Langostinos á plancha
- Vieiras ao forno
- Xarrete de terneira & Cordeiro asado
- Tarta & Xelado
- Café & Chupitos
- Viños Rioja e Ribeiro
Unha vez rematada a cea, celebraráse unha festa con barra libre e amenizada por un grupo de música no mesmo restaurante.
Todo elo terá un prezo final de 40€ por persoa. Existirá un servizo de autocares para desprazarse ao restaurante e regresar. Aqueles que desexen optar por este medio de transporte deberán abonar un extra de 3€.
O prazo límite para apuntarse será o vernes 25 de Novembro, e haberá que ter en conta os seguintes puntos:
- Para apuntarse poderás acudir ao local da peña (aberto Xoves de 20:00 a 21:00 horas), poñerte en contacto con algún membro da xunta directiva que coñezas, ou chamar aos teléfonos 689708342 (Agustín, presidente da peña) ou 636361566 (Vicente, vicepresidente), ou ben enviando un correo electrónico á dirección Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envÃo de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
- O número de prazas dispoñibles é 170 por limitacións do local.
- No momento de apuntarse á cena haberá que indicar si ides empregar o autocar da peña ou vos desprazarédes pola vosa conta
- Será necesario aboar o importe da cena por adiantado, ben realizando o ingreso na conta bancaria da peña (2100 1456 66 0200045580), ou ben acudindo ao local da peña aboando o importe en man



