O vindeiro Xoves 7 de Marzo ás 20:30 horas no local da peña se celebrará o sorteo de entradas para poder ir á final da copa do Rei que se xogará o 25 de Maio no estadio Benito Villamarín de Sevilla entre o Barça e o Valencia. O sorteo é aberto a aqueles socios da peña activos e cunha antigüedade de ao menos un ano, tal como marca a normativa da peña, e o formato do sorteo será o mesmo que se ven empregando nas últimas ocasións.

Todavía non se coñece nin prezo das entradas, nin cantas vai ter a disposición a peña, feito que cando o saibamos se porá en coñecemento dos agraciados

 
Cambiar idioma
Castellano
Usuario