A xunta directiva da peña barcelonista ferrolana decidiu en reunión ordinaria o calendario de actividades da tempada 2013-2014. Algunhas datas poden sufrir modificacións, que serán debidamente informadas. Se hai suficientes inscritos para calquera dos desprazamentos anunciados, alquilaráse un autocar (excepto para o desprazamento para o partido de fútbol de 1ª división e a Xuntanza de peñas galegas, que neses casos sempre haberá autocar dispoñible). Se estades interesados en acudir a algún dos desprazamentos, ou ben obter máis información, podedes enviar un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envÃo de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou ben acudir ao local da peña, aberto os Xoves en horario de 20:00 a 21:00
Fútbol
- 1ª división: Valladolid - F.C.Barcelona (8 ou 9 de Marzo 2014)
- 2ª división: C.D. Lugo - F.C.Barcelona B (25 ou 26 de Xaneiro 2014)
Baloncesto
- ACB: Leite Río Bluesens - F.C.Barcelona (23 ou 24 de Novembro 2013)
Fútbol Sala
- Liga nacional de fútbol sala: Santiago Futsal - F.C.Barcelona (11 ou 12 de Xaneiro 2014)
Hockei Patins
- Cerceda - F.C.Barcelona (29 ou 30 de Marzo 2014)
Voleibol
- Aldebaran San Sadurniño - F.C.Barcelona (15 de Febreiro 2014, ás 19:30)
Xuntanza de peñas barcelonistas galegas en Moaña (Xuño 2014, data ainda por confirmar)
Outras visitas de equipos do F.C.Barcelona a terras galegas son (sen desprazamento oficial, pero se hai xente interesada xestionamos a merca de entradas, e incluso engadimos esa data coma desprazamento oficial):
Fútbol
- 1ª división: Celta - F.C.Barcelona (30 de Octubro) - a peña non organiza desprazamento oficial por cuadrar a Mércores este partido
- 2ª división: Deportivo da Coruña - F.C.Barcelona B (15 ou 16 de Marzo 2014)
Balonmano
- Cangas - F.C.Barcelona (29 ou 30 de Marzo 2014)
Fútbol Sala
- Burela - F.C.Barcelona (19 ou 20 de Outubro 2013)
- Azkar Lugo - F.C.Barcelona (2 ou 3 de Novembro 2013)
Hockei Patins
- Liceo - F.C.Barcelona (24 ou 25 de Maio 2014)