O pasado sábado celebrouse en Santiago a reunión da federación de peñas barcelonistas galegas, e entre os puntos da orde do día que se trataron, están os seguintes:

  • Informe da Xuntanza de peñas de Ourense
  • Presentación da Xuntanza de peñas Moaña 2014
  • Candidaturas á organizar a Xuntanza 2015
    • Presentouse unha candidata, que foi aceptada por unanimidade: a peña de Burela. Logo no 2015 estaremos en Burela
    • Tamén decidiuse a peña que organizará a Xuntanza de peñas do 2016, a peña do Barbanza. No 2016 iremos a Boiro
  • Informe do último consello consultivo de peñas Barcelonistas e do congreso mundial de peñas de Barcelona
  • A peña de Valga será a representante galega no torneo de futbol infantil que se celebrará en Agosto do 2014 en Barcelona
  • A peña de Sarria presentou un proxecto para organizar un torneo de fútbol 7 ou fútbol sala de peñas barcelonistas galegas
 
Cambiar idioma
Castellano
Usuario