A peña barcelonista ferrolana estivo presente na reunión da coordinadora de peñas barcelonistas galegas que se celebrou en Santiago o pasado día 2 de Outubro, no local social da peña barcelonista de Santiago.

 

Entre outros temas que se trataron, destacaron:
• Informe da Xuntanza de peñas barcelonistas galegas 2010 celebrada en Ares. A peña Aresana destacou que remataron cun beneficio superior aos 800€
• Informe de preparativos da Xuntanza de peñas barcelonistas 2011 por parte da peña de Vilalba. Representantes da peña vilalbesa informaron de cómo vai a organización da mesma. De momento, o único fixo é:

  • A Xuntanza se celebrará un só día (non haberá a típica cena que se celebraba o sábado). O domingo elixido foi o día 12 de Xuño, pero cambiarase ao 19 de Xuño no caso de que o 12 cuadre coas celebracións do Corpus
  • O almorzo será o máis económico que nas últimas edicións (sobre uns 30€ por cabeza, aproximadamente)
  • Na próxima reunión da coordinadora, a celebrar en Febreiro de 2011, xa estarán listas todas as actividades a celebrar, así como o menú para a comida

• Premios Barça Galicia 2011. Decidíronse as persoas que van recibir na Xuntanza de Vilalba os premios Barça Galicia 2011. Por parte da provincia da Coruña, o premio recaerá no presidente da peña barcelonista de Ares, Choni.
• Candidaturas para celebrar a Xuntanza do ano 2012. Polo momento non se presentou ningunha candidatura, e vaise esperar á reunión da coordinadora de Febreiro
• Legalización da Coordinadora de peñas barcelonistas galegas. Debido ao novo marco que a actual xunta directiva do F.C.Barcelona quére darlle ás peñas, englobado no proxecto “Peñas século XXI”, unha das actuacións que se levará a cabo será a de legalizar a coordinadora. Actualmente se están redactando os estatutos da mesma, e decidiuse os representantes que formarán parte da xunta directiva, un por provincia máis o presidente. Unha das consecuencias máis importantes desta legalización é que a coordinadora será a encargada de xestionar os paquetes de entradas para as fináis nas que participen as seccións do F.C.Barcelona, xa que actualmente isto faise de xeito individual por parte de cada peña. A coordinadora será a encargada de repartir as entradas a cada peña, ainda que o xeito en cómo se vai facer será obxecto de discusión en posteriores reunións
• Informe da reunión do consello consultivo de peñas barcelonistas. Salvador Cerviño, o representante galego no consello consultivo de peñas, informou á coordinadora das novidades que se trataron no último consello consultivo de peñas do F.C.Barcelona. Entre outras temas de interés, están a creación da oficina do peñista, é a legalización do consello consultivo, que a partir de agora quedará registrado nos estatutos do clube.

 
Cambiar idioma
Castellano
Usuario