A peña barcelonista ferrolana actualmente conta con aproximadamente 150 socios de pago, que proveñen de toda a comarca de Ferrolterra, dende Ferrol ata Cedeira.
Para ser socio, hai que aportar os seguintes datos:
- Nome e apelidos
- D.N.I.
- Enderezo
- E opcionalmente, pode aportar un número de teléfono e/ou conta de correo electrónico para estar informado das novas da peña por este medio
Existen 2 tipos de cuotas para os socios:
- Cuota senior: pago de 30€ anuais
- Cuota junior: pago de 15€ anuais
Cada vez que se de alta ou ben renove un socio, éste recibirá un carnet identificativo como socio da peña, que terá validez dun ano (o periodo de validez estará marcado no reverso do carnet).
¿Qué beneficio obten un peñista por pertencer á peña?
- Desprazamento gratuíto para ver os partidos do F.C. Barcelona que celebre na Coruña e en Xixón
- Desprazamento gratuíto para acudir a Xuntanza de peñas barcelonistas galegas
- Posibilidade de descontos en outros viaxes que faga a peña
- Facilidade para conseguir entradas para ver calqueira sección do F.C.Barcelona sen ser unha viaxe oficial da peña
- Participar en actividades deportivas organizadas pola peña:
- Baloncesto: temos reservada a pista do polideportivo de Caranza ata o mes de Xuño, os luns de 20:00 a 21:00, onde organizamos partidos de basquet entre membros da peña, e tamén partidas con outros equipos da zona de Ferrolterra. O pago por persoa é de 5€ ao mes.
- Fútbol: Tamén se celebran partidos de fútbol de xeito regular, tendo como escenario dos mesmos o campo de Vidal, situado en San Mateo.
- Descontos en produtos da peña
Normativa para sorteo de entradas en finais que dispute o F.C.Barcelona:
-- Só poderán optar a entrada aqueles socios da peña barcelonista ferrolana cunha antigüedade superior a un ano dende o comezo da temporada actual, e que estén ao día no pago das cuotas de socios
-- Todo aquel socio que cumpra co punto 1 poderá participar, independentemente de se foi agraciado en sorteos anteriores
-- Do paquete de entradas asignados á peña, 1 ou 2 entradas resérvase para a xunta directiva (dependendo do número final de entradas concedidas)
-- Se hai más solicitudes que entradas dispoñibles, celebraráse un sorteo puro entre os inscritos. Tamén se sortearán tantas prazas de suplentes como entradas haxa. No caso de que algún agraciado non puidera ir á final, entón esa entrada pasaría, por estricto orde de sorteo, ao primeiro suplente designado.