A peña barcelonista ferrolana foi fundada un 19 de Outubro do ano 1971 por un grupo de siareiros culés, sendo o seu primeiro presidente un catalán chamado D. David Salabert, que era traballador da empresa ferrolá “Manufacturas Piñón”, vicepresidente D. Francisco Blanco, secretario D. Juan A. Varela e un grupo de animosos barcelonistas que se repartían as demáis tarefas, tendo como local social o café bar Blanco, sito na rúa Sánchez Calviño, no barrio do Inferniño.
A peña foi oficialmente inagurada coincidindo coa visita do primeiro equipo á Coruña para disputar un partido de liga (partido matutino, co resultado final de Deportivo 0- F.C.Barcelona 2, goles de Rexach e Pérez), sendo recibidos polo presidente do clube, entón D. Agustín Montal e parte da súa xunta directiva no Hotel Embajador, hoxe fora de servizo, onde despois de departir con eles posamos para a posteridade nas escalinatas do hotel, foto publicada no seu día polas revistas Barça e R.B. Cabe destacar que a prensa deportiva de Barcelona reproduce en artígos referentes ao partido que “un grupo de seguidores ferrolanos se destacan en el estadio al grito de Barça, Barça”. E como anécdota, decir que no acto de inauguración, a peña agasalla ao F.C.Barcelona cun décimo de lotería, que casualmente sae premiado cunha pedrea, e o sr. Montal devólvelle o importe do premio á peña para que puidera comezar dun mellor xeito no senso económico.
A marcha de Ferrol do señor Salabert por motivos laborais uns anos máis tarde e outras razóns levaron ao cese momentáneo das actividades peñísticas.
Foi un gran peñista e gran barcelonista, César Pita Saavedra, quen tomou a iniciativa de relanzar a peña e aínda que durante unha tempada non houbo socios de pago, mantívose unha relación fluída co clube (recibindo e enviando correspondencia) e a través das visitas dos equipos das diferentes seccións (Baloncesto, Hoquei, Balonmán, etc…) a nosa cidade e a Coruña.
Nos anos 80 e 90, normalizada a situación, fixéronse entrega dos novos carnets de socio en actos celebrados no Parador de Turismo de Ferrol, coincidindo coa visita á cidade do equipo de baloncesto do Barça, sendo entregados ditos carnets por componentes de devandito equipo (Epi, Solozabal, Jimenez…) e o xefe da sección Salvador Alemany, quedando patente o asentamento da entidade.
Pero a morte prematura de César en Xuño do ano 94 volveu deixar un enorme baleiro e unha nova dispersión de peñistas, ata que no ano 1996 unha nova xunta directiva presidida por Agustín Bellón Couce fíxose cargo da entidade. A partir dese intre, a peña revive de xeito total. En certo modo pódese decir que que se refundou. Dende o momento da triste desapación de César ata a súa “refundación”, a peña sobrevivía a base da lotería de Nadal, que aportaba os únicos ingresos da entidade. Non había socios, nin actividades peñísticas. Dende o ano 1996, xente coma Agustín, Carlitos “Rexach”, Carlos Moreira, Juan Beceiro (ambos tristemente finados) e un longo etcétera de xente empurraron á peña a unha nova época marcada pola ilusión. Volvéronse a facer socios, atopouse un novo local propio e se fixeron de novo as viaxes para animar ao F.C. Barcelona.
Actualmente, todolos anos fanse desprazamentos a Coruña e Vigo (cando o Celta estaba en primeira), e despois fanse outros máis, coma por ejemplo a Xixón. Tamén houbo viaxes da peña a Oviedo, Santander, San Sebastián, Pamplona, Valladolid, Sevilla, Madrid, Oporto, Milán e tamén houbo representación da peña nas finais da Champions League celebradas en París e Roma, sen tampouco olvidarnos das outras seccións do clube. Fíxose acto de presencia cando o F.C.Barcelona de fútbol-sa xogou contra o Parrulo en Ferrol, e tamén cando a sección de atletismo achegouse a Ferrol. Tamén viaxouse para ver á sección de baloncesto en Lugo, e máis recentemente a Santiago de Compostela, e tamén houbo peñistas na Final Four de Barcelona do ano 2003.
A peña tamén estivo presente nas trobadas mundias de peñas barcelonistas de Barcelona (a trobada do centenario, no ano 1999), Lloret de Mar no 2000 e Ceuta no ano 2001, e este ano tamén acudirá a San Sebastián, na que é a gran festa do peñista blaugrana a nivel mundial.
Outra cita anual de obrigado cumprimento é a Xuntanza de peñas barcelonistas galegas. A nosa peña é das máis activas, e cada ano acuden gran número de peñistas ás xuntanzas (proba é que levamos 2 años seguidos co premio á peña que máis integrantes leva á Xuntanza). Baiona, Caldas de Reis, Vigo, Santiago, Guitiriz, Lalín, Marín, O Grove, Monforte de Lemos, Ares, Tui….en todas elas estivemos e temos gratas lembranzas. . A destacar que 3 membros da nosa peña foron galardonados co premio Barça Galicia ao barcelonista do ano na provincia da Coruña (Agustín Bellón Couce, Antonio Gómez Pérez-Ardá “Nono”, y Carlos Castro Leira “Carlos Rexach”).
Pero o momento de máis orgullo da peña foi o día 17 de Xuño do ano 2000, cando celebrouse a X xuntanza de peñas barcelonistas galegas, que tivemos que organizar. Despois dun ano de duro traballo, uns 700 peñistas de toda Galicia asistiron á que aínda agora se considera unha das mellores, e que será difícil de superar. Actuacións musicais, paseos pola ria e polo centro da cidade,..todo saiu perfecto.
E o próximo ano 2011 será moi especial para nos, xa que celebramos o 40 aniversario da peña, e para tal efemérides, estamos planeando diversos actos para festexalo como se merece. Esperámosvos a todos os barcelonistas de Ferrol e comarca!